Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pelo medio-curto
Mostrando 397-405 de 405
Mostrar:  

19/09/2005

Apareceu na porta do Refuxio como esperando a que lle abrísemos para pasar. É demasiado cariñoso e só quere xogar. Estivo moi enfermo pero afortunadamente xa se recuperou.
ELA

14/08/2005

Viu xestante e ao pouco de chegar pariu 11 cachorros. É extremadamente cariñosa e obediente ademais de bonita.

04/08/2005

Cando chegou estaba nunhas condicións penosas, chea de pulgas, sen pelo, con feridas e cunhas uñas moi longas que delataban que estivera nunha corte sen posibilidade de andar. É moi cariñosa e xa está recuperada. Necesita un fogar con urxencia porque non aguanta o frío e se acatarra con facilidade.

27/06/2005

Non entendemos como Luns segue no Refuxio. Ten un gran carácter e é moi obediente. Non ten ningún problema de actitude e se adaptaría perfectamente a calquera fogar.

27/05/2005

Un home atopouna atropelada e tiña fracturadas as dúas extremidades anteriores. O seu nome débese a que non para, é moi activa. Agora está recuperada.

25/05/2005

Apareceu atropelado e chamou un veciño para avisar. Cando os traballadores do Refuxio o recolleron estaba case morto. Tiña moitas feridas e unha pata destrozada. Con moitos coidados e repouso recuperouse lentamente e hoxe está perfectamente e non se nota que o pasara tan mal.

15/05/2005

Deixárono amarrado a unha árbore na Alameda. Estaba empapado pois era un día moi chuvioso e estaba cheo de carrapatas e moi asustado. É moi alegre e volvese tolo cando o chamas. É ideal para un piso polo seu tamaño e moi bonito.

19/04/2005

Vagabundeaba e unha voluntaria do Refuxio recolleuno. Estaba en malas condicións pero agora xa está recuperado e só pensa en xogar.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña