Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

1998
Mostrando 1-12 de 12
Mostrar:  

30/07/2010

A dona morreu e a súa irmá non se pode facer cargo dos gatos. Entrégaos. Está esterilizada pero é moi maior.

07/10/2009

Atopada no portal da casa da persoa que a trae, na carballeira de San Lourenzo. Está nunhas condicións penosas, fraca, mal pelo, conxuntivitis?

11/05/2009

Atópana hai 15 días e lévana para casa pero non revisou se o can tiña chip. Puxo carteis pero ninguén preguntou. Ademais, cren que tivo un ataque epiléptico. Cando a traen, vemos que ten chip.

19/05/2008

Estaba perdida no centro de Bertamirans. En moi mal estado, sen pelo, non debian de coidala moito. Cando chegou estaba aterrorizada. Ao pouco de chegar veu outra cadeliña, nun estado case igual ca ela ¿estarían na mesma casa?

07/04/2007

É un caso estraño. Maior pero está esterilizado, e moi bo. Pensamos que quizais morreu o dono e botárono a rúa. No Centro adaptase mal. Bota de menos o seu fogar. Os cans dominano. Esperemos que axiña atope un bo fogar.

26/02/2007

Vello, canso, xa non era tan útil coma cando era xove, seguramente o substituirían por outro máis feito. Aínda ten moito que dar.

05/11/2005

Estaba na autoestrada, a piques de ser atropelada. Debía de estar criando cachorros porque as súas mamas estaban inflamadas. Agora está totalmente recuperada. É moi boa e obediente.

28/09/2005

Avisaron que levaba tempo vagabundeando pola zona porque a pesar de que tiña dono non a atendía. Agora está pendente dunha operación para extraerlle unha pedra que ten na vexiga.

04/08/2005

Cando chegou estaba nunhas condicións penosas, chea de pulgas, sen pelo, con feridas e cunhas uñas moi longas que delataban que estivera nunha corte sen posibilidade de andar. É moi cariñosa e xa está recuperada. Necesita un fogar con urxencia porque non aguanta o frío e se acatarra con facilidade.

09/07/2005

O dono dixo que non o podía atender porque marchaba para Brasil e incluso ameazou con que se non o aceptabamos no Refuxio faría algunha maldade con el. Un desalmado.

05/04/2005

Debeu de ser un can que ata que chegou ao Refuxio estivo atado toda a vida ata o punto que houbo que cortarlle o colar porque xa o tiña enredado co pelo. Agora está recuperado, é cariñoso e como adelgazou ao mellorarlle a alimentación incluso parece máis novo.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña