Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pelo medio
Mostrando 1021-1032 de 1085
Mostrar:  

12/05/2007

Vagabundeaba pola zona. Seguramente porque se extraviou nunha cacería ou por que non valía para cazar e a abandonaron. É preciosa e moi diferente. Ten un ollo de cada cor.

09/05/2007

Vagabundeaba pola zona. É moi bonita pero ten moito medo. Ten un bo tamaño para levala para a casa.

10/04/2007

É moi cariñoso e comparte gaiola con outros machos. É moi bonito, esperemos que axiña atope un dono.

31/03/2007

Parece un diminuto golden retriever. É moi bonito e pensábamos que axiña o adoptarían, pero aínda está aquí. Ten unha expresión moi triste.

28/03/2007

Seguro que ten dono, pois é moi cariñosa e obediente. Na gaiola está moi triste pero cando a sacamos ponse moi contenta.
OKA

08/03/2007

Veu en moi mal estado, sen pelo e xestante. Tivo 6 cachorros que coidou moi ben. Agora está moi feita cun pelo moi brillante. Os seus cachorros son bonecos.

26/02/2007

É extremadamente cariñoso e obediente. Case todos os cans cos que o xuntamos lle pegan. Ten unha cara moi doce. Aquí estao pasando moi mal.

26/02/2007

Vello, canso, xa non era tan útil coma cando era xove, seguramente o substituirían por outro máis feito. Aínda ten moito que dar.

19/02/2007

Veu xestante e tivo 6 preciosos cachorros, pero os 3 días de telos rechazounos, probablemente era a súa primeira camada e estaba moi asustada. Na actualidade sobreviviron 3 cachorros. Non se parecen en nada a ela, son totalmente negros.

31/01/2007

Ao pouco de chegar enfermou. Afortunadamente recuperouse, pero tiña problemas porque todos lle pegaban. É extremadamente bo, esperamos que axiña se lle atope un fogar.
ANI

12/01/2007

É moi asustadiza pero unha vez que colle confianza é moi agarimosa e alegre. Ademais é moi bonita e está esterilizada. Esperemos que a adopten axiña.

22/12/2006

A pesar da súa corta vida, xa sufriu malos tratos, así o demostrou o seu comportamento e os dous seus dous irmáns cos que chegou ao Refuxio. Cos agarimos dos traballadores e voluntarios do Refuxio, axiña se tranquilizaron e os seus dous irmáns foron adoptados. Xoán tiña unha hernia umbilical severa que xa foi operada, agora quizá o adopten, só quere xogar e é o que fai sempre que pode.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña