Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pelo medio
Mostrando 1069-1080 de 1085
Mostrar:  

05/10/2005

Tres días levaba vagabundeando e tiveron medo de que fora atropelada. É moi cariñosa e xoguetona.

04/10/2005

: Debeu sufrir un atropelo e o óso consolidar despois de mala maneira, pero non é evidente, pois salta e corre coma calquera. Ian levala, pero estaba co celo e tiñan que esperar. ¡Non hai problema!, dixeron, pero cando despois os chamamos xa non a quixeron.

15/09/2005

Trouxérono xunto con outro can logo de aparecer nun coto de caza polo que sospeitamos que sexan dalgún cazador. É moi cariñoso e xoguetón.

15/04/2005

É especialmente cariñoso e tranquilo. Non ten problemas con ningún can. Pensabamos que o adoptarían pronto posto que é bonito pero segue esperando que alguén se fixe nel.

31/03/2005

É un can que xa intentaron adoptalo pero é moi medoso. Sen embargo no refuxio é todo o contrario: sociable, cariñoso, gústalle xogar, ... É cuestión de paciencia.

22/03/2005

Levaba bastante tempo vagabundeando xunto a unha cría súa e estaban nunhas condicións moi malas. A cachorra xa foi adoptada.

07/03/2005

Non sabemos moito del porque o trouxo o laceiro municipal. É moi cariñoso e está acostumado a vivir con persoas.
BOU

25/02/2005

Ao principio tiña moito medo e incluso non quería durmir dentro do seu canil. Non tardou en mostrarse como é realmente: moi cariñoso e sociábel.

22/02/2005

Trouxérono porque vagabundeaba pola estrada de Roxos, de aí seu nome. Estaba moi delgado e lle faltaba moito pelo. Agora está precioso, ten un pelo longo e brillante.

22/02/2005

Chegou ao Refuxio xunto co seu compañeiro, Café. Estaban nunha finca pero o dono tivo que deixalas porque por motivos persoais marchou de Santiago. Chegou moi coidada, con microchip, e ao pouco tempo pariu unha cadeliña preciosa que xa adoptaron. Gustaríanos que quen a adoptara tamén o fixera con Café xa que levan toda a vida xuntos.

08/02/2005

Chegou ao Refuxio xunto con outros catro compañeiros que no seu día recuperara da rúa unha persoa que por motivos persoais tivo que desfacerse deles. De pequeno debeu de pasalo mal e de feito desde aquela arrastra unha lesión nunha pata.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña