Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

palleiro
Mostrando 61-72 de 99
Mostrar:  

09/11/2005

Atopouno a Garda Civil na autoestrada; se non o retiraran a tempo morreria atropelado. É especialmente cariñoso coa xente, anque cos machos é peleón; e agatuña polas reixas.

02/11/2005

Atopárona nunha obra os obreiros que traballaban nela. Coxeaba dunha patiña de diante. Chovia moito. É maior. Fóra non sobreviriría pero nunha casa veríase rexuvenecer.

19/10/2005

Meteuse nun coche dunha señora, que intentou sacala cun paraugas. Finalmente, sacárona os bombeiros. Estaba moi asustada.

14/10/2005

Abandonárono nos arredores do Refuxio. Era un día moi frío e con choiva e debeu pasar toda a noite ao ventimperio. Pola mañá case non se vía; estaba durmido e non podía andar. É moi cruel deixar así un animal maior.

08/10/2005

Vagabundeaba pola zona desde había 15 días. Ia probablemente coa súa filla. Ten un tamaño ideal para un piso e é moi cariñosa.

04/10/2005

: Debeu sufrir un atropelo e o óso consolidar despois de mala maneira, pero non é evidente, pois salta e corre coma calquera. Ian levala, pero estaba co celo e tiñan que esperar. ¡Non hai problema!, dixeron, pero cando despois os chamamos xa non a quixeron.

28/09/2005

Avisaron que levaba tempo vagabundeando pola zona porque a pesar de que tiña dono non a atendía. Agora está pendente dunha operación para extraerlle unha pedra que ten na vexiga.

19/09/2005

É extremadamente cariñosa pero tamén moi medoñenta. Apareceu atada a unha árbore xunto a outras dúas cadelas, algo salvaxe porque deste xeito o normal é que se non as atoparan terían morto de sede e fame.

18/09/2005

Unha xente atopouna e a levaron ao veterinario pero como non a podían atender tiveron que deixala no Refuxio. É unha gran cadela e ten un carácter tranquilo.

15/09/2005

Trouxérono xunto con outro can logo de aparecer nun coto de caza polo que sospeitamos que sexan dalgún cazador. É moi cariñoso e xoguetón.

06/09/2005

Ao principio se amosaba desconfiada pero pronto aceptou a todo o persoal volveuse moi cariñosa. Ao pouco de estar con nós decatámonos que de que estaba xestante e tivo catro preciosos cachorros aos que coida marabillosamente. Son como ela, brancos e negros, e como foi unha camada pequena están gordiños.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña